Converter o rural nun motor económico de Lugo, novo obxectivo da deputación

Fomentarase o emprendemento e axudarase aos máis novos e aos parados de longa duración. Tamén se axudará as asociacións nas súas iniciativas empresariais.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/08/2018 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A promoción do 3º sector, plan de 1ª oportunidade, fomento do emprendemento rural e capacitación profesional. Son os principais obxectivos do DesenvolvendoORural, un ambicioso plan co que a Deputación de Lugo pretende fixar poboación e impulsar o emprego na provincia.

Con este plan, dotado con 2,2 millóns de euros, o Executivo provincial pretende mudar a súa política de emprego, dirixíndoa a promoción económica e social para impulsar e poñer en valor o rural lucense. Busca cumprir 2 obxectivos a longo prazo: xerar emprego e fixar poboación na provincia.

Por iso, o voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, explicou que esta nova orientación das políticas da deputación teñen que ver con que Lugo é unha provincia eminentemente rural e na que hai que buscar novos camiños de futuro “que permitan garantir vivir no rural e do rural, aumentando os servizos e igualando,as condició de vida entre as zonas urbanas e rurais”.

“Dende este Goberno traballamos por ser unha Deputación rural, sumamente social e coas persoas, pois sabemos que cremos que dende as administración públicas que somos debemos dar resposta ás necesidades do nosos veciños, así como as do propio territorio, dun xeito eficaz e áxil”, destacou.

Un experto en tecnoloxías da información e da comunicación.
Un experto en tecnoloxías da información e da comunicación. | Fonte: Xunta.

OBXECTIVOS

Santos explicou que na sesión deste venres aprobouse esta programación de promoción social e económica na provincia. Entre os obxectivos está a promoción do 3º sector que busca promover e aumentar a prestación de servizos especialmente no rural e fixar poboación.

Tamén se incorpora un plan de 1ª oportunidade, xa que a recuperación económica está a castigar aos mozos e mozas do país. A finalidade é evitar que as máis novas tamén traballen no rural e evitar que Galicia continúe como a 3ª autonomía con maior emigración de mozos, só por detrás de Madrid e Cataluña. Para iso, tentarase promover a captación do talento de lucenses con titulación universitaria ou con Formación Profesional para que teñan o seu primeiro contacto laboral na provincia, facendo prácticas na Deputación de Lugo.

Ademais se fomentará o emprendemento e se ofrecerán premios ás mellores ideas empresariais desenvolvidas no rural de ata 20.000 euros. Deste xeito, a Deputación quere fixar poboación coa creación de empresas no rural lucense.

Finalmente, incrementarase a formación entre os parados de longa duración, para capacitalos profesionalmente en sectores relacionados coa prestación de servizos así como co sector primario, e reconvertes os seus perfís laborais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta