Temas: O PORRIñO

O premio da 'X Da Sorte' deixa en O Porriño máis de 250.000 euros

O premio deste venres foi vendido no estanco dun veciño do municipio, Andrés Martínez, que explicou que o seu establecemento leva vendendo lotaría seis anos e que neste tempo xa entregou "cinco grandes premios" aos seus clientes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2018 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

O premio de 250.749 euros da 'X Da Sorte' deste venres foi vendido no Porriño no estanco dun veciño do municipio, Andrés Martínez, que declarou a Europa Press que aínda non se coñece a identidade do gañador. O propietario do Estanco Nº2 da localidade pontevedresa indicou que aínda é "demasiado pronto" para saber quen é o gañador, pero que, por experiencias pasadas, acabarase coñecendo.

Estanco que repartiu o boleto da lotaría premiado. CEDIDA
Estanco que repartiu o boleto da lotaría premiado. CEDIDA | Fonte: Europa Press

Os máis de 250.000 euros deste venres conforman a terceira gran cantidade que reparte a administración este ano, que o catro de xaneiro entregou o segundo premio do 'Sorteo Do Neno' e 16 días despois o primeiro premio da Lotaría Nacional.

Andrés Martínez explicou que o seu establecemento leva vendendo lotaría seis anos e que neste tempo xa entregou "cinco grandes premios" aos seus clientes, o que lle fai sentir unha "gran alegría". A popularización do local incrementou as vendas deste estanco que, segundo o seu propietario, se converteu "na 'Manolita' de Galicia".

Temas: O PORRIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta