Por E.P. | PONTEVEDRA | 25/08/2018 | Actualizada ás 19:35
Un incendio declarado na tarde deste sábado nun serradoiro de Vila de Cruces saldouse con danos materiais no seu interior, aínda que ningunha persona resultou ferida. Segundo a información do 112-Galicia, o lume iniciouse sobre as 15,10 horas nun serradoiro situado na parroquia de Gres. Como consecuencia das chamas, ardeu un silo de biomasa e a súa instalación eléctrica.
Até a zona foron mobilizados efectivos dos Bombeiros do Deza, da Garda Civil, de Protección Civil, do GES de Lalín e do 061, aínda que finalmente ninguén resultou ferido.
INCENDIO NUNHA PALLEIRA
Por outra banda, en Taboada (Lugo), outro incendio declarado nunha palleira na tarde deste sábado deixou varios rolos de herba seca calcinados. O lume, no lugar de Xestoso, parroquia de Mato, comezou ás 16,10 horas, e puido ser sufocado antes de que afectase á estrutura do edificio nin a un depósito de gasóleo que se situaba no seu exterior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.