A ilegalización de Bildu enfrenta a BNG e PP

O Bloque ve na ilegalización de Bildu un "atentado" contra a Democracia e a compara coa inhabilización do alcalde de Arzúa, mentres que Feijó considera que é unha "boa noticia para o Estado de dereito".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/05/2011 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Novamente o que pasa en Euskadi ten as súas consecuencias en Galicia. Os nacionalistas galegos quedan sós na defensa de Bildu, fronte ao PP que se amosa inflexible cunha candidatura na que considera que hai "terroristas ou amigos de terroristas".

O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, cargou hoxe contra os principais partidos españois por "atentar" contra a Democracia ao impulsar a ilegalización de Bildu e comparou este caso coa "inhabilitación" do alcalde de Arzúa, o nacionalista Xaquín García.

"É gravísimo que forzas legais se vexan privadas de participar nunhas eleccións porque nas súas listas presuntamente hay candidatos vinculados a Batasuna que, non teñen sentecia de ningún tipo nin están condenadas por nada", suliñou este luns Jorquera ao referirse á decisión do Tribunal Supremo de non permitir que se presente Bildu, unha colición de EA, Alternativa --vinculados a Esquerda Unida-- e da antigua Batasuna.

Así, destacou que o BNG está a favor de utilizar todos os instrumentos que sexan necesarios para loitar contra o terrorismo pero "non está a favor de atallos e leis de expeción" que supoñen  un "grave atentado contra as garantías consttitucionais".

"Táctica do ventilador"


Ademais, foi máis alá e comparou este caso coa inhabilitación do alcalde de Arzúa por un delito urbanístico "cometido polo PPdeG" e acusou a este partido de "tirar de ventilador", coma fixo nas eleccións autonómicas, para tentar demostrar que en política "todos son iguais". E lembrou que, quizais, o que busque o PP é "desviar a atención" cos seus alcaldes corruptos da Costa da Morte. "Utilizan a táctica do ventilador para facerlle crer a xente que todos somos igual", dixo ao referirse que esa táctica xa lle funcionou nas autonómicas porque "ningún votante do PP deixa de votar ao PP polos seus casos de corrupción" pero sí deixan de votar os da esquerda.

"Limpeza" das listas


Pola súa banda, o presidente galego, cualificou de "boa noticia" para os demócratas, para Euskadi e para España a "limpeza" das listas electorais. Así, dixo, "se dignifica" a política.

Ademais, mesmo dixo, en alusión ao Tribunal Constitucional que é quen en última instancia ten que verificar a decisión do Supremo, que "manteña esta boa noticia" porque "é un exemplo" de que hai "armas democráticas e legais" para que organizacións "ilegais" non estean nas institucións.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

11 333

Hay que ilegalizar al BNG, partido cómplice de colaboracionismo con la dictadura del PCC en Cuba y que solo representa un 15% de la población gallega, una minoría enemiga del Pueblo.

1 trestrestres

Hahahahahahaha,ti es un paleto ignorante facha espanhol

2 Galizo

Este não é um facha, só está cabreado porque tem um filho comunista e a sua mulher adúltera vem de abortar.

10 Costadamorte

Unha preguntiña inocente dun probe ignorante, teño entendido que todos os candidatos de Bildu asinaron unha declaración de condea a violencia, e pese a elo a xustiza ilegalizou a coalición e anulou todas as súas candidaturas... En base as seguintes declaracións de Mayor Oreja, ( http://www.lavozdegalicia.es/espana... ¿Por qué voy a tener que condenar yo el franquismo si hubo muchas familias que lo vivieron con naturalidad y normalidad? En mi tierra vasca hubo unos mitos infinitos. Fue mucho peor la guerra que el franquismo. Algunos dicen que las persecuciones en los pueblos vascos fueron terribles, pero no debieron serlo tanto cuando todos los guardias civiles gallegos pedían ir al País Vasco. Era una situación de extraordinaria placidez. Non habería que ilegalizar ao PP e anular todas as súas candidaturas?... Facer apoloxía do franquismo e negarse a condealo non debería equivaler a facer apoloxía de ETA e negarse a condeala?...

1 Costadamorte

Eu penso que o PP non é un partido democrático, nin no seu funcionamento interno, (o seu liderazgo é por nomeamento a dedo e non por elección dos seus militantes, Rajoy foi o designado por Aznar), nin na súa práctica política, (insistir na ilegalización de candidaturas compostas por persoas absolutamente limpas como no caso de Bildu, ou eliminar torticeramente a rivais políticos mediante triquiñuelas legais como no caso de Arzúa)..., polo tanto o PP penso que está fora do marco constitucional e debería ilegalizarse...

2 Manoliño

¿Facer apoloxía do Franquismo? É como se falas de facer apoloxía de democracia "burguesa", ou da Constitución aprobada polo pobo español a traverso de referendum. Xa sei que a algúns non lles gosta o Franquismo, a Constitución ou esta democracia "burguesa", pero vivimos na lexitimidade xurdida do Alzamento Nacional. E a quen non lle goste, que lle pida contas ao perdedores da guerra, ou aos loitadores antifranquistas, hoxe mitificados malia habela rascado durante 40 anos, que o Caudillo morreulles na cama. Aquí non houbo rutura, houbo reforma política, e a quen non lle goste, que lle bote azucre.

3 Faldo

Totalmente de acordo. A transición está idealizada, e nin que dicir ten que supuxo unha mellora en canto aos dereitos civís, pero tivo moito de compoñenda e chalaneo entre as elites dominantes que vían que os seus negocios perigaban se o estado de cousas non se adaptaba aos novos tempos. Por exemplo, o ingreso en España na Unión Europea era estratéxico para as burguesías madrileña e catalá.

4 Manoliño

¿Idealizada? Afirmacións extraordinarias requiren probas extraordinarias. Aos únicos que non lles mola a transición, é aos lectores de Público, e tampouco me parece que sexan individuos aos que haxa que facer moito caso, dos que poda tomar exemplo de sosego, moderación e equilibrio esta sociedade. Mais ben de todo o contrario. Tivemos unha transición que segue a ser un modelo en todo o mundo civilizado, que senón fora polos asasinatos de ETA e outros grupos de esquerda, non podería ser mellor.

5 Costadamorte

Manoliño, por favor, sin acritude... Cres que o PP é un partido democrático?... Cres que os seus estatutos pasarían unha análise xurídica independente e axústanse a esixencia constitucional de ter un funcionamento democrático?... Cres que unha análise detallada das suas candidaturas non atoparía "contaminacións" co franquismo ou, con organizacións violentas de extrema dereita semellantes as atopadas a "bildu"?...

6 Faldo

Diversos intelectuais cuestionan ese carácter modélico que a maioría lle atribúe á transición. Se son lectores de Público ou non, xa non o sei; en calquera caso, non creo que esa sexa unha cuestión significativa á hora de valorar os seus criterios. Por suposto que a etapa da transición tería sido mellor sen o terrorismo de ETA e dalgunha outra gavilla de criminais, como esa da cal formou parte un dos pseudohistoriadores favoritos da ultradereita.

7 Xoelho

Manoliño, ¿lexitimidade xurdida do "Alzamento Nacional"? O "Alzamento Nacional" puido ser calquera cousa menos lexítimo. E a constitución que temos agora claro que é consecuencia de termos aquela situación anormal que foi a ditadura franquista. É unha constitución de dereitas, escasamente democrática e aprobada en condicións de liberdade vixilada polo exército franquista que había. A esquerda maioritaria tragou en todo e fíxose unha constitución á medida dos intereses do capital, dos mesmos que sostiveron a ditadura franquista: a monarquía decretada por Franco, a "sagrada" unidade de España e o principal: economía capitalista ou "de mercado" garantida pola constitución, unha constitución que, polo tanto, PROHÍBE O MARXISMO, IMPÓN O CAPITALISMO, aínda que de cara á galería legalice partidos marxistas. E isto é o que hai, o demais son contos, Manoliño.

8 Xa está ben!

Se non é democrática unah decisión dun tribunal cualificado, baseada nunha lei aprobada polo 80% dos deputados do parlamento, é mellor que non sigamos falando de democracio.

9 Arenga

Quando essa decissom basea-se em mentiras nom é democrática, tribunal qualificado jejejejejeje..... A proba é muito sigela, se bildu é colaboradora de eta, pq nom os detenhem? pq nom os julgam? E a simple realidade é que nom podem demostrar nada do que dim esses juices tam democráticos e que só se movem por idiologia por isso nunca seram julgados pola falsa colaboraçom que se lhe imputa.

10 Xa está ben!

Arenga, non sabía que eu era tan simpático ( o digo polas risas do teu comentario). Contigo non vou falar de democracia, pero sí de dereito. O tribunal Supremo é un órgano cualifiicado do mesmo xeito que ti estás descalificado pola tua resposta ao meu.

11 Amigho

O Manoliño este é escarallante. Seica di que non se pode facer moito caso aos leitores de Público por non seren "exemplo de sosego, moderación e equilibrio", pero pola contra temos que aceptar vivirmos nun Estado que, como el mesmo recoñece, non rachou cos seus vínculos co réxime fascista que o precedeu. Penso que para Manoliño o sosego, a moderación e o equilibrio están entre nalgún lugar entre o Xeneral Mola e o Xeneral Millan Astray, por iso hai que deixar que faga o troll sen se preocupar das súas badocadas.

12 Arenga

De democrácia claro que nom vas falar pq para isso terias que ser demócrata e de direito parece que nom sabes tampouco, que esse tribunal esté qualificado legalmente nom quer dizer que cumplam o seu labor, só há que ler a sua resoluçom chea de suposiçons e espaculaçons mas de ninhumha proba.

13 Manoliño

O voso problema, permitídeme en que fale en xeral, é que considerades como axiomático o que non encerra proposicións evidentes para todos. Di Javier Tusell que a república foi unha democracia pouco democrática: aí está o art. 26 da Constitución; aí está o feito de que xurdise dun golpe de Estado, que os republicanos transformasen unhas eleccións municipais nun plebiscito monarquía/república, que non era o que se votaba; aí está o feito de que a Constitución republicana, a diferencia da do 78, non fora sancionada polo pobo español a traverso dun referendo; aí está a chegada da Fronte Popular cuns pucherazos escandalosos. Como di Payne, aos alzados no 36 pódeselles acusar de moitas cousas, pero non se lles pode acusar de destruir a democracia electoral, que xa fora destruida pola fronte popular, e ás eleccións de febreiro remítome, ou ao Santo Pucherazo do plebiscito estatutario, tamén.

14 Arenga

Manoliño, todo isso para dizer que bildu tem raçom.

15 Xa está ben!

Arenga,o que hai que oir!! Así que es ti quen da os carnés de demócrata? Pois a ti non cho penso pedir.E desculpa que un pobre "inculto" (no tocante a democracia e o dereito)se permita tentar rebatir a túas opinións. E ala! xa podes seguir arengando!!

16 Arenga

Podes rebatir o que queiras, mas inda agardo que des um só argumento válido para proibir a gente sem delitos nem causas pendentes presentar-se a umha eleiçons, todo o demais tontarias.

17 Xa está ben!

Arenga, why you don't to take a walk?

9 Sandokán

Máis motivos habería para ilegalizar a CUT, organización que se leva moi ben con PP na CRTVG.

8 Manoliño

"O Bloque ve na ilegalización de Bildu un "atentado" contra a Democracia". Ou sexa, os que lles da noxo a actual democracia "burguesa" (que coas súas eivas é o que quere a maior parte da poboación) porque van á construcción do socialismo (real), e queren instaurar unha democracia popular, unha dictadura do proletariado, van agora de defensores da demoracia "burguesa" e se permiten dar leccións sobre a mesma. Pa mear, y no echar gota, vamos. Ben por Zparo. E os que agora se queixan e van de vítimas, non terían ningún problema en presentarse se non houberan asessinado, ou habendo asesinado, se condenasen os asasinatos de ETA, pero nin unha cousa nin a outra. So lles queda a derrota, por malvados onte e hoxe.

1 Manolo ay manolito

Menudas pajas mentales te haces Manolito,buscate una pareja aunque sea una muñeca hinchable,algo o alguien que te haga recapacitar que no eres el unico ser e el mundo, porque así vas a acabar muy mal.

2 Xandokas

Manolito, se queres mercar unha muñeca inchable en Vigo podes ir ao "Pikante Sex-Shop", na rúa Principe, 22, Vigo - 986 432 155; en A Coruña, no "Fantasías Sex-Shop", na rúa Alfredo Vicenti, 9, La Coruña - 981 260 566

3 Navegante

O que tinha que fazer a esquerda abertzale era afiliar-se em massa ao PP. Partido terrorista do entorno franquista que ainda nunca condenou o franquismo, o braço político do terrorismo de estado.

7 Español

Viva la democracia que prohibe un partido como EA que siempre condeno la violencia y que actualmente no cuenta en sus filas con ni un solo imputado por delitos de terrorismo. Viva la cabra de la legión, Viva maoliño, Manolo2, Manuel Fraga, Franquito y la madre que parió a todos estos ilustrados del derecho democrático y constitucional, que están por encima del bien y del mal.... Hoy más que nunca, ¡Arriba España!

1 Porco Jones

Una, Grande y....¿libre?