A ilegalización de Bildu enfrenta a BNG e PP

O Bloque ve na ilegalización de Bildu un "atentado" contra a Democracia e a compara coa inhabilización do alcalde de Arzúa, mentres que Feijó considera que é unha "boa noticia para o Estado de dereito".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/05/2011 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Novamente o que pasa en Euskadi ten as súas consecuencias en Galicia. Os nacionalistas galegos quedan sós na defensa de Bildu, fronte ao PP que se amosa inflexible cunha candidatura na que considera que hai "terroristas ou amigos de terroristas".

O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, cargou hoxe contra os principais partidos españois por "atentar" contra a Democracia ao impulsar a ilegalización de Bildu e comparou este caso coa "inhabilitación" do alcalde de Arzúa, o nacionalista Xaquín García.

"É gravísimo que forzas legais se vexan privadas de participar nunhas eleccións porque nas súas listas presuntamente hay candidatos vinculados a Batasuna que, non teñen sentecia de ningún tipo nin están condenadas por nada", suliñou este luns Jorquera ao referirse á decisión do Tribunal Supremo de non permitir que se presente Bildu, unha colición de EA, Alternativa --vinculados a Esquerda Unida-- e da antigua Batasuna.

Así, destacou que o BNG está a favor de utilizar todos os instrumentos que sexan necesarios para loitar contra o terrorismo pero "non está a favor de atallos e leis de expeción" que supoñen  un "grave atentado contra as garantías consttitucionais".

"Táctica do ventilador"


Ademais, foi máis alá e comparou este caso coa inhabilitación do alcalde de Arzúa por un delito urbanístico "cometido polo PPdeG" e acusou a este partido de "tirar de ventilador", coma fixo nas eleccións autonómicas, para tentar demostrar que en política "todos son iguais". E lembrou que, quizais, o que busque o PP é "desviar a atención" cos seus alcaldes corruptos da Costa da Morte. "Utilizan a táctica do ventilador para facerlle crer a xente que todos somos igual", dixo ao referirse que esa táctica xa lle funcionou nas autonómicas porque "ningún votante do PP deixa de votar ao PP polos seus casos de corrupción" pero sí deixan de votar os da esquerda.

"Limpeza" das listas


Pola súa banda, o presidente galego, cualificou de "boa noticia" para os demócratas, para Euskadi e para España a "limpeza" das listas electorais. Así, dixo, "se dignifica" a política.

Ademais, mesmo dixo, en alusión ao Tribunal Constitucional que é quen en última instancia ten que verificar a decisión do Supremo, que "manteña esta boa noticia" porque "é un exemplo" de que hai "armas democráticas e legais" para que organizacións "ilegais" non estean nas institucións.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

6 Democracia

5 Manolo2

Señores de Galicia Confidencial: Manolo Kabezabolo acaba de pasarse 7 pueblos deseándo que ETA me asesine junto con mi familia.¿NO HACEN NADA?

1 Amigho

No sé si harán algo o no, pero la jurisprudencia del TS dice que no tienen por qué. Además sería, en todo caso, un delito de amenazas que tendrías que probar, antes que apología del terrorismo. En derecho te veo flojo.

4 Cousas

Os atentados nos os sofren os partidos, senón as persoas. Claro que sempre hai manoliños e pepiños dispostos a usurpar o papel das vítimas no seu propio beneficio.

3 Manolo2

Es simplemente asqueroso que el Jorquera hable de atentados. El PP si que ha sufrido un montón de atentados a manos de ETA que ha asesinado a muchos militantes populares y ha hecho que otros muchos tengan que vivir amenazados por los terroristas. Y encima son tan imbéciles que lo comparan con el caso del alcalde de Arzúa, al que bien pillaron con las manos en la masa.

1 CranioF

Xa me parecía a mín que o Kabezabolo non andaba moi ben do tellado... Iso sí, fas boa música.

2 Amigho

El PP es el mismo partido que en Galicia defiende las condecoraciones y honores a los golpistas del 36 que ETA nació para combatir ¿no? Ah, pues no creo que puedan dar muchas lecciones de democracia. Y menos de ética, cuando han estado utilizando el dolor de las víctimas y el elemento emocional del terrorismo para recoger votos a lo ancho y largo de España. Por suerte aquí, en Euskadi, son un partido residual. A ver si este año convenzo a mis padres para que voten a demócratas de verdad, esto es ni a PP ni a PSOE.

3 Manolo2

1.A Manolo Kabezabolo. Lo que acabas de soltar es un delito de apología del terrorismo

4 CranioF

Ai Amigho! Espero que os teus pais sigan sendo a xente razoable que parece que son. Agora resulta que os demócratas de verdade van ser os abertzales proetarras...

2 Andamolho

Democracia manipulada,PPSOE aplauden coas orelhas que son eles quen permiten ou non presentarse as unhas s neste estado cunha pseudodemocracia onde todo e falso,dende a separacions de poderes ate a liberdade de prensa ou de informacion.