A ilegalización de Bildu enfrenta a BNG e PP

O Bloque ve na ilegalización de Bildu un "atentado" contra a Democracia e a compara coa inhabilización do alcalde de Arzúa, mentres que Feijó considera que é unha "boa noticia para o Estado de dereito".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/05/2011 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Novamente o que pasa en Euskadi ten as súas consecuencias en Galicia. Os nacionalistas galegos quedan sós na defensa de Bildu, fronte ao PP que se amosa inflexible cunha candidatura na que considera que hai "terroristas ou amigos de terroristas".

O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, cargou hoxe contra os principais partidos españois por "atentar" contra a Democracia ao impulsar a ilegalización de Bildu e comparou este caso coa "inhabilitación" do alcalde de Arzúa, o nacionalista Xaquín García.

"É gravísimo que forzas legais se vexan privadas de participar nunhas eleccións porque nas súas listas presuntamente hay candidatos vinculados a Batasuna que, non teñen sentecia de ningún tipo nin están condenadas por nada", suliñou este luns Jorquera ao referirse á decisión do Tribunal Supremo de non permitir que se presente Bildu, unha colición de EA, Alternativa --vinculados a Esquerda Unida-- e da antigua Batasuna.

Así, destacou que o BNG está a favor de utilizar todos os instrumentos que sexan necesarios para loitar contra o terrorismo pero "non está a favor de atallos e leis de expeción" que supoñen  un "grave atentado contra as garantías consttitucionais".

"Táctica do ventilador"


Ademais, foi máis alá e comparou este caso coa inhabilitación do alcalde de Arzúa por un delito urbanístico "cometido polo PPdeG" e acusou a este partido de "tirar de ventilador", coma fixo nas eleccións autonómicas, para tentar demostrar que en política "todos son iguais". E lembrou que, quizais, o que busque o PP é "desviar a atención" cos seus alcaldes corruptos da Costa da Morte. "Utilizan a táctica do ventilador para facerlle crer a xente que todos somos igual", dixo ao referirse que esa táctica xa lle funcionou nas autonómicas porque "ningún votante do PP deixa de votar ao PP polos seus casos de corrupción" pero sí deixan de votar os da esquerda.

"Limpeza" das listas


Pola súa banda, o presidente galego, cualificou de "boa noticia" para os demócratas, para Euskadi e para España a "limpeza" das listas electorais. Así, dixo, "se dignifica" a política.

Ademais, mesmo dixo, en alusión ao Tribunal Constitucional que é quen en última instancia ten que verificar a decisión do Supremo, que "manteña esta boa noticia" porque "é un exemplo" de que hai "armas democráticas e legais" para que organizacións "ilegais" non estean nas institucións.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

1 Arenga

No estado espanhol queda demostrado que nom existe a democracia, todo o meu desprécio para el, ogalhas algum dia os juices sejam condenados e encarcelados de por vida por ir contra a democracia, mas nom acredito nesto, já que som os mesmos juices que havia com franco, o que deixa muito claro o seu amor à liberdade e a democracia.