A deputada de Podemos Paula Quinteiro participará en Cangas nun debate sobre a precariedade laboral

Estará presentado polo concelleiro da vila por Alternativa Canguesa de Esquerdas, Andrés García, e contará coa presenza de descatados membros do mundo sindical, político e social, entre eles, Ana Olveira, Rafa Pena ou Manolo Camaño.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/08/2018 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

A casa da xuventude de Cangas do Morrazo prepárase para acoller este martes 28 un debate sobre Precariedade laboral e Movemento Obreiro en Galicia ideado pola organización xuvenil Espiral Mocidade Republicana Galega. Un debate no que tamén participará a deputada de Podemos, que forma do grupo parlamentario de En Marea, Paula Quinteiro.

Pintada contra a precariedade laboral en Madrid
Pintada contra a precariedade laboral en Madrid | Fonte: Brocco Lee

"A precariedade, a temporalidade, o paro e a falta de expectativas froito da crise e do cambio de modelo produtivo son problemas que as maiorías sociais galegas sofren cada día e que cómpre poñer enriba da mesa", aseguran dende Espiral. Por iso, consideran preciso abordar o tema da man de persoas que proveñen de diferentes tradicións e concepcións do movemento obreiro e que contan cunha ampla traxectoria a prol dos intereses das maiorías.

O acto está previsto para as 19:00h e estará presentado polo concelleiro da vila por Alternativa Canguesa de Esquerdas Andrés García. Así mesmo, contará coa presenza de destacables membros do mundo sindical, político e social galego: Ana Olveira, ex presidenta da Asociación de Consumidores de Galicia, ex dirixente CUT e promotora de "Por unha marea na vila"; Rafa Peña, concelleiro en Compostela por CA e sindicalista da CIG-ServizosPaula Quinteiro, deputada no parlamento galego por En Marea e membro da dirección nacional de Espiral MRG; e Manolo Camaño, ex secretario xeral da CUT e membro da súa executiva
nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Anticaciques

A deputada rompecoches dando leccións. Así vai Galicia

1 comunista independentista

Os que non podedes dar leccións de nada sodes os trolls do PP/Bloque que seguides a difundir o bulo de que "rompeu coches". Así vai Galiza con xentalla coma vós.

2 Anticaciques

Foi moito peor. O seu home destrozaba coches, un cidadán traballador chamou á policía, e Paula, ben sumisa protexeu o seu home ante a Policía usando indebidamente a súa condición de membra do Parlamento.

1 Un que sabe

O que ten que facer é DIMITIR