A Xunta pide a Fomento que convoque a comisión da AP-9 sobre a supresión da peaxe de Redondela

O goberno galego lembrou que esta comisión se reuniu por última vez en xaneiro deste ano.

Por E.P. | VIGO | 28/08/2018 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia solicitoulle ao Ministerio de Fomento a convocatoria dunha reunión da comisión de seguimento da autoestrada AP-9 para abordar, entre outras cuestións, a liberación da peaxe de Redondela. Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, nunha carta dirixida ao secretario de Estado de Infraestructuras, Transporte e Vivenda, Pedro Saura.

Ponte de Rande, na AP-9
Ponte de Rande, na AP-9

O goberno galego lembrou que esta comisión, constituída en 2017, reuniuse por última vez en xaneiro deste ano e que debe haber un novo encontro para abordar esa supresión da peaxe (comprometida polo anterior ministro de Fomento, Íñigo de la Serna).

Así mesmo, Ethel Vázquez apuntou a necesidade de tratar outras actuacións como as obras do acceso desde a AP-9 á Cidade da Cultura; ou a disposición de información "continua e directa" sobre aquelas actuacións na ponte de Rande "que supoñan implicacións na mobilidade e seguridade dos cidadáns".

A Xunta lembrou que a ponte de Rande é "unha infraestrutura crucial en Galicia" e na comarca de Vigo, porque é a principal vía de entrada á cidade olívica. Por iso, insistiu na importancia de contar con toda a información relativa "ás intervencións que o Goberno central realice na mesma".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta