Estabilizado os lume do parque do Invernadoiro e controlado o de Ares

Ambos os dous foran provocados pola caída de raios durante a madrugada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2018 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O incendio forestal do Parque Natural do Invernadoiro, en Vilariño de Conso (Ourense), quedarou estabilizado na tarde deste martes. O incendio declarado no concello de Ares quedou controlado segundo informou Medio Rural

Incendio en Ares
Incendio en Ares | Fonte: UGTForestaisGalicia

Concretamente, as chamas no parque ousensano comezaron sobre as 8,54 horas da mañá na parroquia de Padroalbar e foron controladas sobre as 16,20 horas. Todo iso ocorreu despois de quedar extinguidos nas últimas horas outros dous incendios anteriores producidos no mesmo parque e debido a unha tormenta, que deixaron máis de 110 hectáreas calcinadas entre ambos.

Polo momento, o lume queimou 3,2 hectáreas no Invernadoiro, segundo as primeiras estimacións. No lugar traballan sete helicópteros, cinco avións, seis motobombas, 16 brigadas, catro axentes e un técnico.

Galicia rexistrou un total de 335 raios en 10 horas durante a madrugada deste martes, dos cales outro deles tamén provocou un incendio forestal no municipio de Ares (A Coruña), na parroquia de Cervás.

Este lume, activo desde as 3,09 horas, foi estabilizado sobre as 17,00 da tarde despois de arrasar un dez hectáreas de monte raso, segundo estima Medio Rural. Traballan para extinguilo dous helicópteros, sete motobombas, unha pa, 15 brigadas e oito axentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 HULK

imos ver... imos ver... digan a verdade conato, iste ano non esta ardendo nada... comité do monte ourensa, pola salvación e preservación do toxo (o noso picudiño)... miren a xesta e de australias e esta invadindo moito o monte, estalle sacar espazo o toxo... son cousa mala que ven de fora... son conatos de nada non e o coloso en lapas precisamente...