Atopan outro suposto artefacto incendiario nunha finca de Boiro

O aparello, semellante a un paracaídas, foi atopado por un veciño nunha finca que se atopaba moi preto dunha zona residencia.

Por Galicia Confidencial | Boiro | 29/08/2018 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

Un veciño de Cespón, en Boiro, atopou un suposto artefacto incendiario nunha finca da súa propiedade. Trátase dun aparello similar a un paracaídas, cun obxecto inflamable na base.  O obxecto atopábase, ademais, preto dunha zona residencial. É o segundo destas características que se atopa en Galicia nos últimos días.

Suposto artefacto incendiario atopado en Cespón (Boiro)
Suposto artefacto incendiario atopado en Cespón (Boiro) | Fonte: Canal 7

Segundo informa Canal 7, o veciño atopábase traballando nunha finca da súa propiedade cando avistou un obxecto amarelo pousado sobre un tronco. Cando se achegou a recollelo comprobou que se trataba dun artefacto incendiario. A leira contaba con maleza baixa, principalmente fieitos e toxos.

A finca atópase preto dunha zona residencial, con gran número de vivendas, á beira da estrada comarcal. Aínda que nesta parroquia non se rexistraron lumes estes días, si se produciron noutras como Vixán,Ribeira, ou na parroquia rianxeira de Leiro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta