Detido un home en Monforte en relación a unha agresión sexual á filla da súa parella

O home permanece detido nas dependencias da comisaría como suposto autor dunha agresión sexual a unha menor de 16 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2018 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo en Monforte de Lemos a un home duns 40 anos de idade como suposto autor dunha agresión sexual a unha menor de 16 anos, con discapacidade, filla da súa parella. O varón, de nacionalidade peruana, permanece detido nas dependencias da comisaría da Policía en Monforte, á espera da finalización das dilixencias que se están practicando, para o seu posterior pase a disposición xudicial.

Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo
Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo

Segundo informou a Policía Nacional a Europa Press, na madrugada do día 28 recibiuse unha chamada que alertaba de que nun domicilio da localidade se atopaba unha persoa con actitude moi "agresiva". Ao chegar á vivenda, a avoa da menor relatou aos axentes que o home se encerrou nunha habitación coa nena e que, ao saír, levaba os pantalons "medio baixados". No domicilio conviven a avoa, a nai e a filla.

O home, que nese momento estaba tamén na casa, foi detido no lugar e trasladado a dependencias policiais. Permanece arrestado á espera de que se conclúan as dilixencias policiais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta