Os grupos de emerxencias de Galicia piden unha maior profesionalización do seu traballo

A Asociación de grupos de emerxencias supramunicipais (GES) demanda que os profesionais se dediquen "ao que se teñen que dedicar": as emerxencias. Dende hai un mes están a reunirse coas deputacións e sosteñen que "os de Lugo e Ourense, maioritariamente, son os máis prexudicados: poderiase dicir que están para todo menos para as emerxencias".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/08/2018 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

"Manifestamos e reiteramos que os servizos do GES foron creados para as emerxencias e para dar cobertura ás zonas que non dan alcance os parques de bombeiros", apuntan dende a Asociación de grupos de emerxecias supramunucipais de Galicia (AGESGA). E é que a asociación vén de manter, dende hai uns meses, reunións cos distintos organismos que forman parte do convenio aplicado aos Grupos de emerxencias supramunicipais (GES) para tratar o futuro dos mesmos. Para esixir a profesionalización do sector. 

GES Padrón
GES Padrón | Fonte: Pontecesures.net

As reunións que se mantiveron ata a data actual foron coa Deputación de Pontevedra, a
Deputación de Ourense e a Deputación de Lugo. Reunións nas que se evidenciou que "cada unha ten unha visión distinta da profesionalización e estabilización dos GES", sendo especialmente reseñable a visión que ten a Deputación de Lugo: manifestan que os GES deben facer máis tarefas municipais pois aínda que sexan prioritarias as emerxencias os traballadores non poden estar de garda sen facer nada á espera de que saia unha emerxencia". "Os de Lugo e Ourense, maioritariamente, son os mais prexudicados: poderiase dicir que están para todo menos para as emerxencias", afirman en declaracións a Galicia Confidencial. 

E reiteran: "están facendo unha malversación do servizo e demora o tempo de resposta ás emerxencias e tamén a capacidade física do persoal á hora de atender a emerxencia". Que os servizos de emerxencias non están para derivalos a "a traballos albanelería, pintura, limpeza de rúas ou recollida de lixo". Doutra banda, sinalan que outros concellos si apostan por profesionalizar o servizo e ter unha resposta inmediata sen demoras para atender as emerxencias exclusivamente, pois recoñecen que os veciños teñen dereito a un servizo digno e non unhas emerxencias “low cost para veciños de segunda”. "A grandes rasgos, os GES de Coruña e Pontevedra, aínda que precisan mellor certos aspectos, funcionan bastante ben adicandose ao que deben (as emerxencias)", conclúen. 

No tocante á financiación, a asociación explicou que: ata o momento, segundo o convenio, a Xunta -a través da Vicepresidencia e da Consellería de Medio Rural- financia o 60% do custe dos GES, os concellos -vía FEGAMP- aportan o 20% e a deputación respectiva o 20% restante. "No novo convenio queren revertir as cifras e que a Xunta manteña o pago do 60%, que os concellos reduzan a súa a un 5% e o resto o asuman as deputacións, ás que lle correspondería o 35%", sinalan.

A AGESGA continuará coas reunións co resto dos organismos públicos, sindicatos para a mellora do servizo dos GES. Tamén aportará un paquete de medidas para a profesionalización do servizo que presentará a Xunta de Galicia cando manteñan a próxima reunión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gonzalo

Mugardos está na provincia de Coruña e a alcaldesa non cubre as baixas dos GES e se nega a repoñer o material.