O Centro de Formación Profesional de #Afundación da Coruña inicia un novo curso académico

As clases darán comezo o vindeiro 17 de setembro nas tres titulacións que se imparten no centro: Administración e finanzas, Asistencia á dirección e Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/08/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

O Centro de Formación Profesional da Coruña de Afundación, a Obra Social de ABANCA, comezará o vindeiro 17 de setembro un novo curso académico das tres titulacións que nel se imparten: Administración e finanzas, Asistencia á dirección e Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

Estudantes e emprendedores dos programas do IESIDE
Estudantes e emprendedores dos programas do IESIDE | Fonte: Afundación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, destaca uns resultados "moi satisfactorios" xa que a maioría dos estudantes que finalizan os seus estudos no centro "conseguen un contrato laboral despois de realizar as prácticas en empresas". Así, sinalan que son "un 60% nos graduados e graduadas na titulación de Administración e finanzas, un 45% en Asistencia á dirección e un 53% en Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

"No marco da promoción do coñecemento como un dos motores fundamentais para o
pleno desenvolvemento social, Afundación incorporou ao seu modelo de educación superior orientado á empresa a divulgación da investigación e da experiencia práctica nos diferentes sectores produtivos", apuntan. E destacan que o centro de A Coruña,  situado na rúa Ribadavia 4, " foi recoñecido en 2017 co Premio de Emprendemento do Concello da Coruña".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta