Por E.P. | Cangas | 29/08/2018 | Actualizada ás 19:23
Un home foi evacuado en helicóptero medicalizado na tarde deste mércores despois de ser rescatado da auga na Praia de Nerga, en Cangas do Morrazo (Pontevedra).
Segundo informou o 112 Galicia, tras ser reanimado, o home foi trasladado na aeronave até o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo.
Os socorristas do areal foron os encargados de dar o aviso ao centro de emerxencias indicando que o home podería estar afogado e solicitando unha ambulancia. Seguidamente, o 112 deu o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local de Cangas, a Protección Civil, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.