Continúa activo o incendio de Monterrei mentres os medios aéreos volven reincorporarse

A autovía A-52 permaneceu todo o tempo aberta pois o lume non se dirixiu cara a ela senón que foi subindo polo monte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2018 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O incendio forestal de Monterrei segue activo e van xa máis de 50 hectáreas queimadas. O lume desenvólvese nas proximidades da autovía A-52.

Tentan apagar u incendio forestal en Ourense
Tentan apagar u incendio forestal en Ourense

Na xornada de onte un axente medioambiental resultou ferido leve nas mans polo calor da combustión. Trasladárono ao hospital de Verín para realizárenlle as curas necesarias. Foi dado de alta pouco despois. 

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, este incendio iniciouse ás 17,54 horas na parroquia de Vilaza. En ningún momento foi necesario cortar a autovía A 52, pois o lume non a afectou.

Actúan na zona contra o lume un total de dezaoito axentes, trinta e nove brigadas, dezaseis motobombas, dúas pás, dous técnicos, dous helicópteros e cinco avións. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta