O BNG da Coruña critica o "mercadeo partidista" sobre a condonación da débeda do porto

Critican as demandas feitas desde Marea Atlántica, PSOE ou PP.

Por E.P. | A CORUÑA | 29/08/2018 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O BNG denunciou o "mercado partidista" que, ao seu xuízo, están a levar a cabo outras formacións políticas coas súas declaracións sobre a condonación da débeda do porto herculino.

Porto da Coruña
Porto da Coruña | Fonte: Europa Press

Nun comunicado, asegura que as posicións públicas mostradas nos últimos días reflicten só "a defensa dos intereses partidarios en función de quen goberna e quen é oposición en cada quenda", sinala tras as demandas feitas desde Marea Atlántica, PSOE ou PP.

"Demóstrase que hai determinadas formacións políticas que actúan en función de intereses partidarios e non por iniciativa propia ou porque o fagan en defensa dos intereses dos veciños da Coruña e de Galicia", esgrimen os nacionalistas.

Por outra banda, ven lamentable "o espectáculo que se está dando e que desvía o obxectivo: a supresión do convenio de 2004, a devolución gratuíta dos terreos portuarios, unha vez desafectados, para usos sociais e produtivos en beneficio da cidade e a construción do Porto Exterior a conta do Orzamento Xeral do Estado", engaden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta