Colexios de Xornalistas condenan a agresión a un cámara nunha manifestación de C'S contra os lazos amarelos

“É totalmente inxustificábel a agresión a calquera xornalista, cámara ou fotógrafo, independentemente do medio no que traballe”, destaca.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/08/2018 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas rexeita e condena a agresión da que foi vítima onte un cámara de Telemadrid ao ser confundido cun compañeiro de TV3, mentres desempeñaba o seu labor profesional na concentración convocada por Ciudadanos no Parc de la Ciutadella en Barcelona en contra dos lazos amarelos.

“É totalmente inxustificábel a agresión a calquera xornalista, cámara ou fotógrafo, independentemente do medio no que traballe, xa que este tipo de incidentes supoñen un ataque á liberdade de información, un dos alicerces básicos nos que se debe sustentar calquera sociedade democrática”, apuntan nun comunicado.

Agresión a un cámara de Telemedradid, ao que confundiron cun de TV3, nunha manifestación convocada por Ciudadanos contra os lazos amarelos
Agresión a un cámara de Telemedradid, ao que confundiron cun de TV3, nunha manifestación convocada por Ciudadanos contra os lazos amarelos | Fonte: youtube



Por todo iso, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas mostra o seu “total apoio e ánimo” ao cámara agredido e solidarízase con todos os profesionais da comunicación que no desempeño do seu labor teñen que enfrontarse en ocasións a situacións de risco, totalmente inxustificadas, mentres desenvolven o seu labor profesional.

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove Colexios Profesionais de Xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Nimbo

El problema es que como se puede ver en el video de El Nacional.cat, el que empezó agrediendo fue el xornalista.

1 anonimo

como pode comprobarse no visionado dos videos difundidos por moitos medios dixitais e as redes sociais, o cámara padeceu un autentico "acoso e derribo" por confundilo cun empregado da TV3. Puro acto de agresión vilolenta e fascista dunha multitude que decía manifestarse contra os actos violentos

2 Nimbo

Evidentemente los ánimos estaban exaltados, pero el primero que empleo la violencia física y fascista fue el cámara contra una persona mayor (O es que los periodistas no saben hacer su trabajo en un ambiente hostil y tienen derecho a pegar a todo el que les diga algo que no les gusta?). Si lo quieres disculpar allá tú con tu parcialidad, pero el anciano al que el cámara pegó tenía perfecto derecho a defender su integridad. Y cualquier persona decente habría ayudado al anciano.