Denuncian a morte "a dentadas" de gatos rueiros na Coruña

A Asociación Animalista Libera vincula o sucedido con algún can que estivese pola zona.

Por E.P. | A CORUÑA | 31/08/2018 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera denunciou a morte "a dentadas" de gatos rueiros no parque de Santa Margarita, na Coruña, tras facerse eco da denuncia de voluntarios do programa CER municipal, cidadáns que se dedican ao coidado das colonias de gatos en zonas como esta. Segundo indica Libera, que vincula o sucedido con algún can que estivese pola zona, nas últimas semanas "polo menos tres cachorros morreron a dentadas", segundo constataron estes voluntarios.

Gatos comendo na rúa
Gatos comendo na rúa

Por outra banda subliña que este colectivo está a alertar diariamente ás persoas con cans "que as colonias de gatos ferales están protexidas e incluídas no modelo de captura-esterilización-retorno, co que se consegue controlar a súa poboación e a súa saúde".

Os animalistas sinalan que "a falta de dilixencia dalgúns cidadáns pode derivar mesmo en responsabilidade penal, por un presunto delito de malos tratos animais, xa que se podería interpretar que nalgúns destes casos existe unha intencionalidade de causar un dano e até a morte dos felinos rueiros".

Ademais, indica que xa puxo en coñecemento do Concello a situación "co obxectivo de reforzar a presenza disuasoria da Policía Local, así como seguir avanzando na implantación do programa de xestión de colonias felinas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta