O delegado do Goberno ve a compensación do IVE como evidencia que "ninguén sisa" ás autonomías

Javier Losada defende que o ministerio de Hacienda "cumpre co seu compromiso" de buscar alternativas para "compensar o IVE perdido".

Por E.P. | A CORUÑA | 31/08/2018 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, cre que a decisión do Ministerio de Hacienda de conceder un préstamo sen intereses ás autonomías para compensar a retención daliquidación do imposto evidencia que "ninguén sisa" diñeiro ás comunidades autónomas. Nun comunicado, Losada defende que o Ministerio de Hacienda "cumpre o seu compromiso" de buscar unha alternativa "para compensar o IVE perdido polas comunidades autónomas, despois dos cambios normativos introducidos polo ministro Cristóbal Montoro", sinala en referencia ao Goberno do PP.

Javier Losada, delegado do Goberno
Javier Losada, delegado do Goberno | Fonte: Europa Press

Para o delegado do Goberno, e en resposta ás críticas realizadas desde a Xunta e o PPdeG, queda demostrado "que ninguén rouba nin ninguén sisa diñeiro". "E agora ademais ofrécese unha solución que satisfai as necesidades económicas das autonomías", remarca fronte ao que cualifica como "declaracións partidistas".

"PROBLEMA HERDADO"

Por outra banda, insiste en que a actual situación obedece a un "problema herdado" da etapa de goberno do PP. Co préstamo sen intereses, defende que as autonomías poderán contar "cos recursos previstos, sen menoscabo das súas contas e sen que lles supoña prexuízo algún". Para o delegado do Goberno, a medida é unha "alternativa válida" que referenda a xestión do Ministerio de Hacienda. "E o compromiso do Goberno coas comunidades autónomas, sempre desde o diálogo e a colaboración institucional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta