Morre un home ao quedar atrapado baixo un tractor en Ponteceso

Un home perdeu a vida na tarde do venres tras quedar atrapado baixo o tractor que manexaba nunha leira do lugar de Agra, en Ponteceso (A Coruña).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2018 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

O 112 Galicia, segundo informa, tivo coñecemento do suceso a través dunha chamada dun veciño que se producía sobre as 21,30 horas.

Tractor rozando unha leira
Tractor rozando unha leira

Seguidamente, activouse un operativo no que participaron os profesionais sanitarios do 061, os bombeiros de Carballo e o GES de Ponteceso.

Unha vez no lugar, os equipos de salvamento procederon a liberar ao condutor do tractor, que estaba atrapado debaixo do vehículo sen signos de vida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta