Ferido un membro do GES de Ponteceso cando retiraba un niño de avespas

Un integrante do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso (A Coruña) sufriu lesións de importancia nun brazo tras unha caída mentres trataba de retirar un niño de avespas colocado nun alpendre.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2018 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Un integrante do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso (A Coruña) sufriu lesións de importancia nun brazo tras unha caída mentres trataba de retirar un niño de avespas colocado nun alpendre.

Niño de avespa asiática
Niño de avespa asiática

Segundo informa o 112, o accidente produciuse sobre as 19,00 horas do venres, cando varios efectivos do GES saíron a eliminar niños en diferentes puntos de Ponteceso e Cabanas.

A caída produciuse ao pasarlle desapercibido un buraco que había no piso, de modo que o traballador caeu ao chan.

O home foi evacuado polos seus propios compañeiros a un centro de saúde próximo, onde recibiu as primeiras atencións antes de someterse a novos exames para coñecer o alcance das súas lesións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta