As zonas do Miño en Ourense e Pontevedra, en alerta laranxa o domingo por temperaturas superiores aos 37 graos

As comarcas do Miño en Ourense e Pontevedra estarán este domingo en alerta laranxa, entre as 15,00 e as 21,00 horas, ante a previsión de que se superen os 37 graos, e até os 39 no caso da zona ourensá.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2018 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Segundo recolle Meteogalicia, as altas presións e a proximidade de aire cálido procedente do sur, deixarán temperaturas elevadas durante a tarde en Galicia.

Avisos meteorolóxicos para o domingo 2 de setembro. METEOGALICIA
Avisos meteorolóxicos para o domingo 2 de setembro. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Deste xeito, tamén estará activa a alerta amarela, por previsión de que se superen os 36 graos, nas comarcas de Valdeorras, no sur e o noroeste de Ourense e o sur da provincia de Lugo.

A alerta amarela, tamén se estende por previsión de máximas superiores aos 34 graos, á costa de Pontevedra e aos municipios do interior da provincia da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta