Por E.P. | OURENSE | 01/09/2018 | Actualizada ás 19:55
A Policía Nacional de Ourense comunicou a localización dun cadáver dun home de 49 anos, natural de León e veciño do Carballiño (Ourense), no encoro da presa do río Miño en Velle (Ourense).
Segundo sinalaron fontes policiais, o corpo do home, morto por afogamento, foi localizado na tarde deste sábado sen signos de violencia polo Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (GEAS).
Unha familia que circulaba no seu vehículo este venres pola zona observou como un home se tiraba ao río Miño, entre a zona do pantalán de piragüas e a presa de Velle, sobre as 21 horas, e avisou aos bombeiros.
Posteriormente, montouse un dispositivo de procura que se prolongou até a tarde deste sábado. Segundo informou a Policía Nacional, descoñécense as causas do sucedido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.