Rescatada da auga unha muller de 55 anos na praia das Sinas, en Vilanova de Arousa

Unha muller de cincuenta e cinco anos de idade foi trasladada ao hospital na mañá deste domingo 2 de setembro tras ser rescatada da auga na praia das Sinas, na localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2018 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Así o informou o 112 Galicia, que explicou que o suceso tivo lugar ás 13,00 horas, cando un bañista se puxo en contacto co teléfono de emerxencias para pedir axuda por unha muller que sacaran da auga e á que estaban a practicar as manobras de reanimación.

Un reescate na praia do Ancoradoiro, en Muros. EUROPA PRESS - Archivo
Un reescate na praia do Ancoradoiro, en Muros. EUROPA PRESS - Archivo

En concreto, o 112 solicitou a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias. Fontes da Policía Local de Vilanova explicaron a Europa Press que, tras estabilizar á paciente --que responde as iniciais C.C.T.--, esta foi trasladada ao centro hospitalario de Montecelo, en Pontevedra. "Non ía nada ben", apuntaron estas mesmas fontes.

Como apoio ao equipo sanitario o 112 Galicia tamén informou os axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade pontevedresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta