Extinguido o incendio de Monterrei, tras queimar case 130 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que ás 20,30 horas deste domingo deuse por extinguido o incendio forestal rexistrado no Concello de Monterrei, na parroquia de Vilaza (Ourense).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2018 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

Segundo as últimas estimacións achegadas pola Consellería o lume afectou a 126 hectáreas, das que 113,55 son de monte raso e o resto de arborado. O lume iniciouse o pasado mércores, ao redor do seis da tarde.

O incendio aínda estivo activo na madrugada do domingo
O incendio aínda estivo activo na madrugada do domingo

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de Twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta