Dereitos cidadáns, dereitos do galego

Coñecida de todos é o grave devalo e desprotección da lingua galega no noso País. Polo que cómpre pensarmos máis en solucións, canto menos parciais.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 02/09/2018

Comparte esta noticia

Un dos problemas fulcrais da lingua é a desigualdade xurídica a respecto do castelàn. É dicir, iso de que vostede e máis eu teñamos que coñecer o castelán e   xuices, médicos  ou directores do Ikea poden dicir aquilo de que non entenden o galego. Esta desigualdade constitúe unha grave chata para garantir a plenitude dos dereitos lingúísticos, un xeito de promoción indirecta de iniciativas tan pouco democráticas como as de Galicia Bilingüe ou Hablamos español  e require,xa que logo, dunha reforma constitucional e estatutaria “ad hoc”.  É de xustiza.

Mentres, os usuarios do galego habemos revindicar, con sorriso e cordialidade, si, mais ferreñamente os nosos dereitos lingúísticos como cidadáns, consumidores, profesionais e traballadores.

Como cidadáns e usuarios dos servizos públicos habemos esixir ser informados en galego nos concellos, no SERGAS, nas Axencias Tributarias e na Seguridade Social e denunciar mediática, xudicial  administrativamente calquera violación dos nosos dereitos lingüísticos. Esixir na escola pública- e concertada-  galega e nas escolas infantís  o uso do galego como lingua vehicular, coordinando accións de concienciación e reivindicación dende os níveis do barrio, na vila e  na parroquia.

Como profesionais entender o importante para normalizarmos a lingua da  nosa escolla. Hai semanas rexeitei o requirimento dunha avogada de fóra de Galicia a que traducira unha demanda ao castelán. E esta actitude foi avaliada positivamente polo conxunto dos profesionais da xustiza, mesmo cando moitos non usan o galego. No nível laboral cómpre garantir que os traballadores teñan dereito real a usar a súa lingua en toda circunstancia, lembrando que calquera sanción, discriminación ou despedimento por razón de escolla lingúística é nulo de pleno Dereito.

Como consumidores cómpre esixir o uso da nsoa lingua nos comercios, proveedores de servizos, Bancos e empresas. E usar da soberanía do consumidor. Se Abanca ou R son merecentes dos nosos prácemes polo seu uso da lingua, o Santander ou Ikea haberían recebir o castigo do seu desleixo para coa mesma.

Bó sería asumir como obxectivo para todos  o de usar a nosa lingua en todas as circunstancias da vida cotián, agás na relación con outros países e territorios e cos turistas e viaxeiros. Mais xa sei que somos humanos. Fagan todas as excepcións que sexa mester, pero non esquezan tal obxectivo como regra xeral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.