Por casal | Cabana de Bergantiños | 03/09/2018
A multinacional fixo público esta semana que calcula nuns 100 postos de traballo o incentivo
laborar durante as distintas fases de execución do parque eólico, unha cifra de todo irreal que
ademáis omite que o desenvolvemento da infraestutura levarase a cabo nun prazo de meses, logo do cal a xeración de emprego será prácticamente inexistente durante as dúas décadas de vida útil dun proxecto que ademáis conta con opción a repotenciación, o que equivaldría a perpetuar o plan industrial da compañía.
En contraste, do que non se fala é de cantos postos de traballo poden perderse noutros sectores
produtivos coma o do turismo verde, que cada vez está a ter unha maior incidencia non só na Costa da Morte, senón en toda Galicia, e de que o parque eólico Pena Forcada-Catasol II non deixará compensación algunha en concepto de canon eólico.
Por este motivo, resulta imposible comprender cómo o actual Goberno da Xunta de Galicia, ao
tempo que permite a instalación de proxectos prexudiciais en zonas de alto valor ambiental e
paisaxístico coma no caso do proxecto eólico Pena Forcada-Catasol II, dedicouse no verán a
promocionar unha Rede de Itinerarios de Interés Paisaxístico como a “Ruta dos Faros”, anunciados “a bombo e platillo” tanto pola conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato como dende o Instituto de Estudos do Territorio, departamento dependente da CMAOT entre cuxas funcións atópase en teoría a defensa da paisaxe galega.
No contexto actual non é entendible o cómo dende a Consellería de Medio Ambiente fálase de facer fronte “aos compromisos establecidos” nas Directrices de Ordenación do Territorio e a Estratexia da Paisaxe Galega e logo se permite sen miramentos a destrucción do recurso paisaxístico que sustenta o turismo rural de calidade na Costa da Morte.
Polos motivos anteriormente descritos, dende a Casa Rural de Arrueiro levaránse a cabo tantas
iniciativas como se considere oportuno para denunciar esta situación, tanto a nivel público como en sede parlamentaria, reiterando a súa total oposición a un proxecto eólico que compromte un futuro sostible para Laxe e a propia imaxe da Costa da Morte e Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.