Temas: EMPREGO XUNTA PARO

A Xunta apunta a Galicia como a segunda comunidade onde máis baixa o paro no último ano

O Goberno galego destacou que Galicia é a segunda comunidade na que máis baixou o desemprego no último ano e que "volve superar o millón de afiliacións por terceiro mes consecutivo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2018 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O Goberno galego destacou que Galicia é a segunda comunidade na que máis baixou o desemprego no último ano e que "volve superar o millón de afiliacións por terceiro mes consecutivo". Así o remarcou a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, quen asegurou que estes datos confirman que a estabilidade de Galicia permite que o paro --con 164.424 persoas sen emprego-- se sitúe "en niveis inferiores aos de fai seis anos".

Covadonga Toca
Covadonga Toca

Na evolución anual, subliña que o desemprego baixou nun 9,22%, polo que Galicia conta con 16.701 empregados menos que en agosto de 2017. O ritmo de descenso, recalcou, supera "en máis de tres puntos" ao do conxunto do Estado, onde baixa nun 5,92%. En canto ás afiliacións, incidiu en que subiron nun 2,15%, o que supón 21.497 afiliados máis á Seguridade Social, superando por terceiro mes consecutivo a barreira do millón de afiliacións.

Tamén esgrimiu que a contratatación indefinida subiu nun 58,23%, "case 57 puntos máis que a temporal", o que "confirma o proceso de estabilización da calidade do emprego en Galicia", ademais de baixar (na comparación interanual) "nas principais variables".Así as cousas, Toca concluíu que a aposta pola formación e polas políticas activas de emprego na Comunidade "está a permitir mellorar" o mercado laboral.

Temas: EMPREGO XUNTA PARO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 EXPAÑA E A NOSA RUINA

e porque a xente fuxe en masa EMIGRACION e a xente vella morre nos hospitais e nos pacs no hospital de Ourense nun día morreron 17 vellos... polo tanto a demografía vai para abaixo sen remisión posible... todo isto e consecuencia da política de destrucción masiva pepeira durante istes 40 anos, política de exterminio social que o pobo galego ten refrendado nas eleccions ano tras ano grazas a idiocia de oposición sobre todo do chamado "Vieirismo da inoperancia" ideoloxia política baseada nos delirios dun ególatra... polo tanto Galicia camiña a ruina e o exterminio, a política pepeira e un enmascaramento da política expañolenta de xenocidio contra o pobo galego