Gonzalo Caballero esixe á Xunta un proxecto integral para o "grave problema" no encoro de Caldas

O secretario xeral do PSdeG denunciou a "falta de responsabilidade" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despois dun novo episodio de microcistina que tingue de verde as augas do río Umia.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/09/2018 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou a "falta de responsabilidade" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante o "grave problema" do encoro de Caldas e esixiu "un proxecto integral" para a canle despois dun novo episodio de microcistina que tingue de verde as augas do río Umia. "Existe un problema moi grave", sinalou o xefe de filas dos socialistas galegos, que visitou este mércores o encoro de Caldas de Reis (Pontevedra) en compañía do alcalde, Juan Manuel Rei, así como do rexedor de Cuntis, Manuel Campos.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa

E é que, como lembrou o líder do PSdeG, o río Umia está en alerta polas cianobacterias desde o pasado mes de xullo, sen que Feijóo e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, tivesen o "tacto" de achegarse sequera á zona. "Nin están nin os esperan", reprobou. Neste sentido, Gonzalo Caballero explicou que a súa visita ten por obxectivo "pór sobre a mesa" un problema profundo que o PP "non quere ver, nin recoñecer, nin solucionar", a pesar de que esta conca é de competencia autonómica.

"DEIXAMENTO"

Ademais, o secretario xeral do PSdeG reprobou o "deixamento" da Xunta no que respecta ao coidado dos ríos e do medio natural e lembrou que, no caso do encoro de Baxe, supuxo mesmo restricións de baño durante o verán. "O PP ten que entender que hai un problema ambiental grave na provincia de Pontevedra e que hai que limpar o encoro. Non poden darlle as costas aos veciños", recalcou Caballero, consciente de que os efectos chegan desde Caldas até Vilagarcía.

É por iso que formulou a reclamación dun "proxecto integral de coidado e atención do encoro, que permita que a auga teña as mellores condicións e que evite o sobrecusto que está a asumir o Concello de Caldas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta