Unha cociña de camping-gas, detrás do incendio en San Pedro de Baroña

O lume afectou a 0,04 hectáreas de arboledo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2018 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica e os axentes forestais, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV-Barbanza, esclareceron un incendio ocorrido o 31 de agosto en San Pedro de Baroña, no concello coruñés de Porto do Son.

Incedio en Porto do Son, preto da praia de Baroña, onde se desaloxou un camping
Incedio en Porto do Son, preto da praia de Baroña, onde se desaloxou un camping | Fonte: Suso Carleos Twitter

O lume iniciouse nunha cociña de gas, segundo indica a Xunta nun comunicado, no que precisa que afectou a unha superficie de 0,04 hectáreas de arboledo. Para a extinción do mesmo, foi necesaria a actuación do servizo antiincendios autonómico.

O atestado foi remitido ao Xulgado de Instrución en funcións da garda de Noia (A Coruña). No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou un total de 38 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta