Catro persoas resultan feridas en Toén tras unha saída de vía

Ferido grave un motorista por unha caída cando circulaba pola AC-542, entre Betanzos e o Mesón do Vento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2018 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

No sinistro, segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, un dos mozos sufriu unha lesión grave na cabeza, mentres que o resto dos ocupantes do turismo presentaban feridas de menor consideración.

Ambulancia do 061 Galicia
Ambulancia do 061 Galicia | Fonte: EP

O 112 concretou que o vehículo se saíu da vía e quedou semivolcado no medio da calzada, polo que os ocupantes tiveron que saír polas xanelas do coche. O mozo que resultou ferido de gravidade necesitou a axuda dos servizos de emerxencias para abandonar o turismo.

Para a atención dos feridos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, así como dos Bombeiros do Carballiño, GES de Ribadavia e voluntarios de Protección Civil de Toén. Tamén se solicitou o apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

MOTORISTA FERIDO EN ABEGONDO

Por outra banda, na localidade coruñesa de Abegondo, ao redor das 18,40 horas deste xoves, un motorista sufriu unha caída cando circulaba pola AC-542, entre Betanzos e o Mesón do Vento.

Debido ao impacto, quedou tendido no chan e co casco desprazado. Segundo as testemuñas do sinistro, estaba ferido de gravidade. Desde o 112 Galicia, avisouse aos profesionais sanitarios, así como aos Bombeiros de Betanzos e aos voluntarios de Protección Civil de Abegondo.

Finalmente, o motorista, ferido de gravidade, foi trasladado nunha ambulancia das 061-Urxencias Sanitarias ao complexo hospitalario de referencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta