A produción industrial sobe un 3,5% en xullo

É o primeiro mes de repunte da Comunidade galega tras volver a terreo negativo no mes de xuño.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2018 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O índice xeral de produción industrial aumentou un 3,5% en xullo en Galicia en relación ao mesmo mes do ano anterior, por enriba da media estatal, onde aumentou un 2,8%, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Taxa interanual do índice de produción industrial en Galicia.. EPDATA
Taxa interanual do índice de produción industrial en Galicia.. EPDATA | Fonte: Europa Press

Deste xeito, de media do que vai de ano, a produción industrial galega acumula un crecemento do 7,3%, fronte ao 2% que rexistra a media. En xuño, a Comunidade galega volveu a terreo negativo tras oito meses de subas interanuais consecutivas, cun descenso do 3% en comparación co mesmo mes do ano anterior, o que supuxo unha baixada máis acusada que a da media española (-2%).

Deste xeito, o de xullo é o primeiro mes de aumento tras este descenso de xuño que rompeu co crecemento consecutivo da produción industrial experimentado na Comunidade galega. Dende outubro de 2017, a produción industrial na comunidade ascendeu a un ritmo anual do 4,4%, 2,7%, 8,4%, 4,9%, 13,5%, 6,5%, 21,7%, 7,9%, -3% en xuño e o 3,5% de xullo.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, a suba do 2,8% en xullo en taxa anual é 4,8 puntos superior á rexistrada no mes de xuño, no que o Índice de Produción Industrial caeu un 2% en relación ao mesmo mes de 2017. Con este repunte, este indicador supón o primeiro mes de repunte e suba tras experimentar esa caída en xuño.

Corrixida de efectos estacionales e de calendario, a produción industrial tamén presentou en xullo un crecemento interanual do 0,5% respecto ao mesmo mes de 2017, taxa que se mantén igual á rexistrada o pasado mes de xuño.

Os índices corrixidos de efectos estacionales e de calendario presentaron taxas anuais positivas os sectores dos bens de equipo (+3,4%) e os bens intermedios (+2,5%). Pola contra, rexistran un descenso o sector da enerxía (-4,8%) e o de bens de consumo duradeiro e bens de consumo non duradeiro (ambos cun -1,3%).

SOBE EN DOCE COMUNIDADES

En taxa mensual (xullo sobre xuño), a produción industrial descendeu un 0,3% a nivel estatal, eliminando os efectos estacionales e de calendario, taxa 0,3 puntos superior á observada en xuño. Esta cifra sitúase fronte ao descenso do 0,4% rexistrado un ano antes e o retroceso do 0,6% de xuño deste ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta