Por E.P. | LUGO | 08/09/2018 | Actualizada ás 15:52
O xuíz decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido en Lugo o venres após tentar agredir sexualmente a unha muller que se dispuña a entrar ao portal da súa vivenda.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home atópase investigado por dous delitos de agresión sexual en grao de tentativa após o seu pase a disposición xudicial.
A detención deste home, de 30 anos de idade e natural de Romanía, produciuse na madrugada do venres na cidade amurallada despois de que un veciño escoitase os berros de auxilio da muller nunha céntrica rúa.
O veciño procedeu a alertar ás forzas da orde, momento no que o presunto agresor fuxiu do lugar dos feitos. Ante iso, os axentes da Policía Nacional activaron un dispositivo de procura do home, que posibilitou a localización e detención do individuo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.