Vázquez Abad confirma que presentará a súa candidatura para revalidar a alcaldía de Ourense

O actual alcalde anuncia a súa candidatura cun vídeo en redes sociais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2018 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O actual alcalde da cidade de Ourense, co Partido Popular, Jesús Vázquez Abad, confirmou nun vídeo colgado nas súas redes sociais a súa decisión de presentarse como candidato nas eleccións municipais de 2019.

Jesús Vázquez Abad, alcalde de Ourense. TWITTER
Jesús Vázquez Abad, alcalde de Ourense. TWITTER | Fonte: Europa Press

"Facer máis Ourense. Porque quero e porque vivo a miña cidade e quero defender os intereses da mesma ante todas as administracións e transformar esta cidade. Hai proxecto, hai equipo, hai ganas e hai ilusión", proclamou Jesús Vázquez na gravación que colgou nos seus perfís persoais nas redes sociais de Twitter, Facebook e Instragram, e na que confirma a súa candidatura, xa anunciada no pleno municipal do pasado venres.

Na gravación, editada con música de fondo, Vázquez Abad fala á cámara, sentado, nun parque. Por "seguir traballando esa transformación para que todos e cada un dos nosos veciños mostren con orgullo a súa satisfacción e podamos resolver os seus problemas. Quero e amo a Ourense. Forza Ourense", conclúe o vídeo no que anuncia a súa candidatura.

A publicación complétase co texto no que asegura que "adora" a cidade, a vive "intensamente e que é "un namorado" de Ourense. "E téñovos a vós, que día a día me animades a seguir loitando polo que é noso: #Ourense!", conclúe en Facebook.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta