Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2018 | Actualizada ás 19:12
As localidades do Grove e de Sanxenxo, na provincia de Pontevedra, volveron rexistrar entre a noite do sábado e a madrugada do domingo, dous novos tremores, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional, que se suman aos oito que se produciron entre o venres e o sábado.
Ningún dos dous tremores alcanzou, no entanto, os 3 graos na escala de Richter, de modo que por baixo deste valor só os perciben algunhas persoas e de forma moi débil.
O primeiro deles rexistrouse no mar, próximo ao Grove, ás 22.17 horas do sábado, nunha profundidade de 12 quilómetros, cunha intensidade de 2,6.
O seguinte, produciuse ás 00.10 horas, cun valor de 2,2 na escala Richter, en Sanxenxo, e a unha profundidade de 20 quilómetros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.