Está o futuro de Gonzalo Caballero no Pazo do Hórreo?

O secretario xeral do PSdeG dí que será deputado do Parlamento galego cando a súa organización así "o decida".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2018 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mostrouse "en disposición" de asumir as responsabilidades que o Partido Socialista de Galicia lle atribúa e asegurou que será deputado do Parlamento galego cando a súa organización "considere que é o mellor lugar" no que debe estar e así "o decida".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"Nos próximos meses veremos cal é ese momento adecuado e idóneo e asumirei as responsabilidades que correspondan, se con como parlamentario galego será toda unha honra e así o farei cando a organización o decida", sinalou.

Gonzalo Caballero fixo estas declaracións despois de presidir na Cámara galega unha reunión do Grupo Parlamentario Socialista con motivo do arranque do período de sesións, un encontro após o cal ofreceu unha rolda de prensa acompañado polo portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga.

Preguntado sobre o seu futuro nunha xornada na que partiu do Pazo do Hórreo rumbo á Universidade de Vigo para inaugurar as súas clases, Gonzalo Caballero recoñeceu que "a visión máis tradicional da política establece que a Cámara parlamentaria é case o único lugar no que se pode facer unha alternativa para promover a alguén para presidir a Xunta".

Con todo, na súa opinión, "os tempos políticos actuais marcan distintas opcións" e lembrou que cando o actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dimitiu como deputado no Congreso "parecía algo irracional".

"Hai distintas vías para alcanzar un proxecto de cambio. Son un instrumento da miña organización, sigo como profesor na universidade de Vigo... Porque tamén creo que a política se pode facer de formas distintas, mostrando ao país o compromiso dun cidadán que ten a capacidade de desenvolver a súa vida co seu traballo de forma ordinaria e de traballar na política como un servizo público", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta