Difunden a nova imaxe do preso fuxido de Pereiro de Aguiar

Cumpría condena por asasinar á súa muller e aos dous fillos de ambos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2018 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

A Policía Nacional e a Garda Civil difundiron este luns unha nova imaxe do preso fuxido o pasado mes de agosto do cárcere ourensán de Pereiro de Aguiar para tratar de localizalo. Cumpría condena por asasinar á súa muller e aos dous fillos de ambos.

Imaxe actualizada do preso fuxido de Pereiro de Aguiar (Ourense). POLICÍA NACIONAL Y GUARDIA CIVIL
Imaxe actualizada do preso fuxido de Pereiro de Aguiar (Ourense). POLICÍA NACIONAL Y GUARDIA CIVIL | Fonte: Europa Press

O fuxitivo ten unha estatura de 1,75 metros, é calvo e leva lentes. Gozaba dun permiso de fin de semana e, como non regresou o día 13 de agosto da as 17,00 horas, saltaron as alarmas. O home estaba na recta final da súa condena de 25 anos. Iniciouna o 19 de outubro de 1996 e estaba previsto o final do seu encarceramento o 9 de outubro de 2021.

Para achegar calquera información, a Policía Nacional pediu xa a semana pasada que se lles informe chamando ao 091, 062 ou ao 112, ou enviando un correo electrónico a fugitivos@policia.es.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta