Alianza entre Reganosa e Sojitz para buscar oportunidades no sector enerxético internacional

As dúas empresas asinaron un memorando de entendemento (MoU) para buscar áreas de colaboración e desenvolver as oportunidades que se detecten tanto no campo das infraestruturas gasísticas e de combustibles renovables como en proxectos gas to power, redes intelixentes e crioxenia.

Por E.P. | Ferrol | 10/09/2018 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

Así, segundo un comunicado conxunto, ambas empresas colaborarán no sector internacional en campos como o gas natural licuado (GNL). O ámbito xeográfico do traballo conxunto será Asia, Europa, Medio Oriente e Iberoamérica.

Gaseiro entrando en Reganosa
Gaseiro entrando en Reganosa

Esta alianza reforza o vínculo de Sojitz con Reganosa, da que é accionista de referencia ao posuír o 15% do accionariado. Comparte capital en Reganosa co Grupo Tojeiro, que é o principal accionista, co 50,69 %; a Xunta, que ten o 24,31%, e Sonatrach, que conta co 10% restante do accionariado.

Cunha capitalización de 160.339 millóns de yens, Sojitz participa en negocios a nivel mundial como a compravenda de bens, a fabricación de produtos, a prestación de servizos e a coordinación e financiamento de proxectos en Xapón e no resto do mundo. Opera en sectores como a enerxía, a automoción, a química, a minería e a produción agroalimentaria, entre outros.

Pola súa banda, o grupo español Reganosa está certificado a nivel europeo como xestor de infraestruturas de transporte (TSO). En España é propietario e operador dunha rede de gasodutos e da terminal de GNL de Mugardos, mentres que en Malta xestiona unha planta de regasificación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta