Por E.P. | A CORUÑA | 11/09/2018 | Actualizada ás 15:04
O home detido na madrugada do domingo pola Policía Nacional despois de ameazar con suicidarse, após asomarse espido á xanela dun sexto piso na Rolda de Outeiro, pasou a disposición xudicial como presunto autor dun delito de agresión sexual, segundo informou a Europa Press un portavoz deste corpo policial.
A presunta agresión cometeuse na "contorna familiar", segundo fontes do caso consultadas por Europa Press e momentos antes de que o home amagase con suicidarse.
Os Bombeiros da Coruña recibiron, sobre as 00,30 horas do domingo, o aviso de que un home se quería suicidar. Ao lugar, trasladaron dous vehículos e mentres uns efectivos preparaban a porta da vivenda para poder acceder ao interior, outros achegaronse ao home cunha autoescaleira co fin de que depuxese a súa actitude.
Finalmente, lograron empuxalo cara ao interior onde foi detido polos axentes da Policía Nacional. O home, que estaba ensanguentado, ameazaría con tirarse desde un sexto piso despois de, presuntamente, cometer os feitos que se lle imputan e ser denunciado pola nai da vítima. Tanto esta como o presunto agresor foron atendidos por persoal do 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.