Acode a declarar o segundo cargo de Adif investigado polo accidente de Angrois

O xerente da área de seguridade na circulación do noroeste de Adif, Fernando Rebón Sartal, entrou ás 8,45 horas deste mércores aos xulgados de Santiago para declarar ante o xuíz Andrés Lago Louro, que instrúe a investigación polo accidente do Alvia en Angrois o 24 de xullo de 2013.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2018 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O xerente da área de seguridade na circulación do noroeste de Adif, Fernando Rebón Sartal, entrou ás 8,45 horas deste mércores aos xulgados de Santiago para declarar ante o xuíz Andrés Lago Louro, que instrúe a investigación polo accidente do Alvia en Angrois o 24 de xullo de 2013.

Accidente dun tren Alvia en Angrois (Santiago) o 24 de xullo de 2013. Europa Press - Archivo
Accidente dun tren Alvia en Angrois (Santiago) o 24 de xullo de 2013. Europa Press - Archivo

Rebón, que estaba citado para as 9,00 horas, é o segundo cargo de Adif que está investigado na causa, xunto a Andrés Cortabitarte, quen foi director de Seguridade na Circulación de Adif no seu momento e que desde 2017 está recolocado nun posto de libre designación nunha subdirección de nova creación.

O xuíz instrutor incluíu a Rebón como investigado na causa a comezos do mes de febreiro, para, en palabras de Lago Louro, "esclarecer algúns dos defectos que, no que se refire á xestión da seguridade e riscos inherentes á liña, xustificaron no seu día a imputación do señor Cortabitarte".

Neste sentido, o xuíz non ve "descartable" que "boa parte dos reproches que xustificaron a imputación" de Cortabitarte "poidan ser extensivos" a Rebón.

Pouco antes das 9,00 horas tamén entraban nos xulgados tanto o xuíz como un dos técnicos da unión temporal de empresas (UTE) de Thales e Dimetronic (citado tamén este mércores para as 10,00 horas), a que forneceu a tecnoloxía de seguridade da liña Ourense-Santiago, onde se produciu o sinistro que ocasionou 80 mortos e máis dun centenar de feridos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta