A xefa de Vivenda da Coruña dimite logo que o Consello Consultivo considerase nula a compra de dous pisos sociais

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Vareal, preguntado sobre se pensa dimitir di que o alcalde da Coruña ten a súa dimisión "nas mans todos os días".

Por E.P. | A CORUÑA | 12/09/2018 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A xefa do Servizo de Vivenda e Rehabilitación do Concello da Coruña, Natalia Codesal, presentou a súa dimisión despois de que o Consello Consultivo considerase nula a compra de dous do seis pisos adquiridos para aluguer social mediante un concurso convocado polo Consistorio.

O concelleiro de Rexeneración Urbana da Coruña, Xiao Varela
O concelleiro de Rexeneración Urbana da Coruña, Xiao Varela

Así o informou, en rolda de prensa, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, quen, preguntado se el tamén pensa dimitir, dixo que o alcalde ten a súa dimisión "nas mans, todos os días".

"El sábeo", recalcou, apuntando que a "responsabilidade" de que o Consello Consultivo tomase esta decisión sobre a compra de dous pisos --adquiridos a un afín da Marea Atlántica, segundo incidiu este mércores a portavoz municipal do PP, Rosa Gallego-- a "erros humanos" no proceso de selección dos pisos.

Con todo, negou inxerencias do goberno local no concurso, aínda que admitiu que se seguiron unhas bases "que se demostraron incorrectas". Agora, o Concello, e en base aos criterios seguidos polo Consello Consultivo --cuxas decisións son vinculantes--, exporá a este organismo se outros tres inmobles, dun total de seis adquiridos, deben ser "obxecto de nulidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Carmen Lastra

'Erros humanos': caso Cifuentes, Casado, Monjón, a directora do máster como sindicalista de CCOO e de IU, as tarxetas black, os regalos de Vendex, Massó en Cangas, Uradangarín e Cristina, o Borbón da comisión e a Corina, Garzón, o electricista da catedral, Llarena e Lamela, familia Ruiz Mateos, Pantoja, Ronaldo e Messi, Miguel Bosé, Imanol Arias e Ana Duato... Sempre hai caraduras impresentables que xustifican e amparan a corrupción!