Roberto Vilar recomenda ver o Land Rober e "non pegar na vella"

A CIG denuncia nun comunicado que o actor e presentador desvirtúa e minimiza os efectos da violencia machista.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2018 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

Desde a CIG manteñen que o sindicato "non pode por menos de expresar o seu asombro e indignación pola autopromoción de “Land Rover”", debido a  que o seu presentador, Roberto Vilar, anuncia a volta do programa á pantalla da TVG o próximo xoves e "en clave humorística, tenta convencer á audiencia de “ser mellor ver ‘Land Rober’ que pegar a unha vella”"

Roberto Vilar, humorista e actor
Roberto Vilar, humorista e actor

A central sindica considera que "a través do humor, por tanto, presupón que se pode bater nas vellas, desvirtuando e minimizando a gravidade das actitudes de violencia machista". "Con semellante comparación" din desde o sindicato "o mesmo programa situase nun nível tan ínfimo, que o fai impropio dunha canle pública como a CRTVG". Así a CIG considera que a "actividade debe inspirar-se nos principios do respecto á dignidade humana, a igualdade entre homes e mulleres e a non violencia, entre outros".

En consecuencia, "a CIG esixe que a CRTVG, actúe coa maior contundencia e ordene a inmediata retirada da emisión desa despreciábel autopromoción" ademais de "depurar as responsabilidades que correspondan".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Seica Roberto vai camiño de MORRER de Éxito, en breve poderá alcanzar a Gayoso só lle quedan vinte tantos anos por diante! Que deus nos colla confesados se imos ter que aturar estas máximas audiencias por toda a vida !!!