O PSOE de Vigo ve a comisión como un "ataque" á cidade e denuncia un "pacto" de PP, BNG e En Marea

O goberno municipal de Vigo cualificou a creación dunha comisión de investigación no Parlamento galego sobre o accidente do Marisquiño como "un novo ataque" á cidade "lanzado" polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e acusou a PP, BNG e En Marea de ter "un pacto" para non investigarse entre eles, en cuestións como o "sobreprezo" dun concerto na Coruña ou a relación de Feijóo "co narcotráfico".

VIGO | 12/09/2018 | Actualizada ás 17:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O goberno municipal de Vigo cualificou a creación dunha comisión de investigación no Parlamento galego sobre o accidente do Marisquiño como "un novo ataque" á cidade "lanzado" polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e acusou a PP, BNG e En Marea de ter "un pacto" para non investigarse entre eles, en cuestións como o "sobreprezo" dun concerto na Coruña ou a relación de Feijóo "co narcotráfico".

Así o trasladou, en declaracións aos medios, o concelleiro socialista Santos Héctor Rodríguez, quen subliñou que a abstención do PP na Cámara autonómica (permitindo así crear esa comisión de investigación) pon "en evidencia que Feijóo lanza de novo un ataque á cidade de Vigo". "É unha comisión que non é necesaria porque (o accidente) xa está a ser investigado por unha xuíza", constatou.

O concelleiro do PSOE engadiu que, nese "ataque", Feijóo conta con "dous acólitos", que son En Marea e BNG. Segundo engadiu, tanto uns como outros teñen "un acordo tácito" co líder do PP galego.

Así, denunciou, "Feijóo non investiga o sobreprezo do contrato do concerto de The Pretenders na Coruña e, a cambio, BNG e as 'mareas' non queren investigar o máis que evidente vínculo de Feijóo co narcotráfico".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Santos Héctor é sen dúbida un lince... e nós pensando que o pacto tácito o tiña Abel coa Marea de Vigo presidida por Rubén Pérez ? Que non só permitiu vender 40 vivendas de propiedade municipal en lugar de adicalas a aluguer social nunha cidade con débeda cero! Pero claro debe ser que foi Rubén da Marea de Vigo o que chegou a acordos co PP e o Obispado de Tui-Vigo para regalar o patrimonio social a Barcelona e amáis darlles unha subvención de 114.000 euros por reducir á metade as prazas do albergue de Teis ??? Xa comprendemos... todos estabamos equivocados.... https://flic.kr/p/RboG8y