O festival Sinsal amplíase este ano ao 6 e 7 de outubro con concertos e actividades en estaleiros e un museo de Vigo

O festival Sinsal, que se celebra anualmente na illa de San Simón, en Redondela (Pontevedra), anunciou a ampliación da súa edición deste ano aos días 6 e 7 de outubro, nos que ofrecerá concertos e actividades na cidade de Vigo, concretamente no Museo do Mar de Galicia e nos estaleiros Freire e Cardama.

VIGO | 12/09/2018 | Actualizada ás 20:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O festival Sinsal, que se celebra anualmente na illa de San Simón, en Redondela (Pontevedra), anunciou a ampliación da súa edición deste ano aos días 6 e 7 de outubro, nos que ofrecerá concertos e actividades na cidade de Vigo, concretamente no Museo do Mar de Galicia e nos estaleiros Freire e Cardama.

Segundo informou a organización a través das súas redes sociais e a súa páxina web, o festival acollerá un programa no que se escoitarán sons de Galicia, Brasil, Islandia, Taiwan e Andalucía, e terá lugar en dous espazos "singulares" e diferenciados: O museo, que se atopa en Alcabre e é de titularidade pública, e os estaleiros, que son empresas privadas situadas en Bouzas.

O aforamento estará limitado a 400 persoas e nuns días darase a coñecer o programa completo e porase as entradas á venda. Ademais, o sábado 6 unha parte da programación será de acceso libre e gratuíto, en concreto de 13,00 a 18,00 horas, e a partir desa hora empezarán as actuacións de pago. Así mesmo, o domingo haberá dous concertos nos estaleiros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A ver se desta vez o Museo do Mar aproveita a oportunidade para darse a coñecer en Vigo !!! Cando o Pergamiño Vindel foron tan cutres que ata cobraron entrada !!! Nin se sabe os cartos públicos que leva ZAMPADO este edificio !!! https://flic.kr/p/76Akbd