Temas: PISOS DATOS

Cifra de récord na compravenda de pisos en Galicia

A compravenda de vivendas dispárase en xullo en Galicia e medra un 28,6%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2018 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

A compravenda de vivendas disparouse durante o mes de xullo en Galicia e creceu un 28,6% con respecto a hai un ano, o que supón o segundo maior incremento porcentual do Estado, despois de Aragón, onde aumentou un 32%.

Evolución da compravenda de vivendas en Galicia en xullo 2018
Evolución da compravenda de vivendas en Galicia en xullo 2018 | Fonte: Europa Press

Segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE), o incremento galego está máis de 12 puntos por encima da media española, que foi do 16,2%. En total, en Galicia vendéronse neste período 1.428 vivendas, cun cociente de 65 operacións por cada 100.000 habitantes. Esta cifra é superior á de hai un ano --de 50 operacións por cada 100.000 habitantes--, pero inferior á nacional, de 125.

Das 1.428 vivendas vendidas en Galicia no sétimo mes, a gran maioría, 1.361, eran libres, e os 67 restantes protexidas. Mentres, 274 eran novas e 1.154 usadas. En total, transmitíronse este mes 3.090 vivendas galegas, 1.428 delas a través das compravendas, pero tamén 37 por doazóns, oito mediante permuta, 691 a través de herdanzas e 926 por outro tipo de operacións.

AUMENTO DE TRANSMISIÓN DE FINCAS

En canto ao total das fincas transmitidas inscritas nos rexistros, Galicia tivo 7.639 operacións en xullo, un 20,7% máis, e un total de 348 por cada 100.000 habitantes. Tamén neste caso o incremento porcentual é superior á media nacional (+14,5%).

Delas, 1.939 foron fincas rústicas, que se transmitiron por compravenda (564), doazóns (23), permutas (30), herdanzas (871) e outro tipo de operacións (451). Os 5.700 restantes foron fincas urbanas, as 3.090 vivendas, 212 solares e 2.398 doutro tipo. A repartición neste caso é de 2.815 compravendas, 50 doazóns, 16 permutas, 1.153 herdanzas e 1.666 operacións doutro tipo.

Temas: PISOS DATOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta