A oposición forzará investigar no Parlamento os efectos dos recortes na sanidade

Os socialistas solicitarán esta medida despois da morte dun home sen atención médica na PAC da Estrada. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apoia a Pedro Sánchez sobre a súa tese.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2018 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Galicia contactará co BNG e En Marea para forzar a posta en marcha dunha comisión de investigación no Parlamento de Galicia que analice os "efectos" dos "recortes" do Partido Popular na sanidade pública galega despois da morte dun home sen atención médica nunha PAC da Estrada a principios do mes de agosto. En concreto, o regulamento da Cámara galega incorpora a posibilidade de crear, de forma automática, unha comisión de investigación en cada lexislatura se o solicitan un terzo dos 75 deputados que pertenzan a un mesmo grupo parlamentario, ou ben os dous quintos da Cámara.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Diso informou este xoves o xefe de filas dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, que explicou que esta proposta está "coordinada" co portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, que será "o encargado" de negociar para que esta comisión de investigación poida abrirse no Pazo do Hórreo. E é que, para o líder do PSdeG, é necesario facer "un estudo serio, responsable e concienciado" sobre "que está a ocorrer na sanidade pública galega e cales son as responsabilidades do Partido Popular e de Feijóo". "Os recortes van máis aló do caso concreto --en referencia á morte da Estrada e necesitamos unha comisión que analice todas as cuestións referentes á xestión da política sanitaria presidida por Feijóó", argumentou.

Ademais, tamén xustificou a necesidade desta investigación parlamentaria para dirimir as "responsabilidades políticas" despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Fejióo, "recoñecese" na Cámara que polo seu sistema "non existía a posibilidade de atender médicamente a ese cidadán nesa PAC". "O PP asume que o que ocorreu pode volver ocorrer e isto esixe traballar en serio", subliñou.

MARCAR A AXENDA POLÍTICA

Na súa intervención ante os medios, o líder do PSdeG tamén censurou que o PP, coa súa maioría na Cámara, asuma que "é o propietario das institucións", "o que decide que é o que hai que investigar e o que non importa investigar". "Imos romper con esa estratexia do Partido Popular de marcar a axenda e trasladar de forma unidireccional un discurso dominante á sociedade", advertiu Gonzalo Caballero, que asegurou que a "escusa" de Feijóo para justificar o sucedido na PAC da Estrada "non lle exime da súa responsabilidade" e da de "a súa conselleiro". Todo iso nunha rolda de prensa na que o secretario xeral do PSdeG emprazou ao Partido Popular de Galicia e ao seu líder, Alberto Núñez Feijóo, a desenvolver a lexislación sobre a CRTVG no referido ao nomeamento dos órganos de dirección e ao desenvolvemento dos estatutos.

PORTO DA CORUÑA

Por outra banda, preguntado pola postura do PSdeG sobre a débeda do porto da Coruña, Gonzalo Caballero asegurou que o PP e a Autoridade Portuaria da Coruña "asinaron un préstamo que é froito da súa xestión". "Feijóo e o presidente da Autoridade Portuaria teñen responsabilidade do que está a pasar", manifestou Caballero, que urxiu que o porto explique os motivos polos que asina un préstamo que non é capaz de afrontar. Nesta liña, considerou necesario "buscar vías de solución" sen "xogar a confundir á cidadanía nin en Galicia nin na Coruña".

APOIO DE CABALLERO A SÁNCHEZ

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, trasladou o seu apoio ao presidente o Goberno, Pedro Sánchez, ante os "ataques furibundos" pola súa tese e advertiu que onde hai "un problema grave" é no caso do máster do líder do PP, Pablo Casado. "Compañeiros dos seus estudos de máster, en condicións análogas, xa están a ser investigados", subliñou o xefe de filas dos socialistas galegos, que considerou que se Casado aínda non o está é por que a súa condición de "deputado" lle permite ter "unha situación diferencial".

Así se pronunciou nunha rolda de prensa ofrecida este xoves, na que atribuíu os ataques a Sánchez á "estratexia de acoso e derriba da dereita" posta en marcha após o cambio no Goberno do Estado "que a moitos descolocó". "Temos que ter a capacidade de saber tourear a unha dereita sen rumbo que tenta evitar asumir as súas responsabilidades e busca acceder ao poder por calquera vía", considerou Caballero, que defendeu que o PP "debería deixar de buscar unha vía de confusión" e "debería asumir responsabilidades no caso do presidente da súa organización".

Fronte a iso, subliñou que o Goberno e o Partido Socialista "están a pór o seu listón moi alto" na "súa esixencia de dignidade e de exemplaridade" aos seus cargos públicos. "Alí onde existiron problemas ou dúbidas, estamos a dar solucións con celeridade", apuntou. Ademais, argumentou que o presidente do Goberno resolveu o debate ao anunciar que "hai certos límites que non se poden superar" e que se algúns ataques "implican unha difamación por unha acusación de algo ilegal que non está probado" que "tomará medidas para frealos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta