O PSdeG quere pechar en outubro o calendario para elixir candidatos de cara ás municipais

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, di que o partido "ten banco na organización" e "contactos coa sociedade para ter os mellores candidatos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2018 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, explicou que o PSdeG espera pechar ao longo do próximo mes de outubro o seu calendario de elección de candidatos para os comicios municipais que se celebrarán en maio de 2019. Diso informou este xoves en rolda de prensa, na que destacou que PSdeG está "na mesma folla de ruta" temporal que "fai catro anos" cando celebrou os procesos de primarias "no mes de novembro" e a confección de listas e candidaturas nos municipios de menos de 20.000 habitantes "a partir o mes de xaneiro".

Gonzalo Caballero. EUROPA PRESS - Archivo
Gonzalo Caballero. EUROPA PRESS - Archivo

De cara a este proceso interno de elección de aspirantes ás alcaldías galegas, Caballero asegurou que o Partido Socialista "ten banco na organización" e "contactos coa sociedade para ter aos mellores candidatos". "Imos presentar as mellores candidaturas en todas as cidades nun proceso no que van participar todos os militantes", indicou. Ademais, preguntado polo caso de Santiago de Compostela para o que soan como nomes como os de Gumersindo Ginarte e o exalcalde de Xosé Sánchez Bugallo, subliñou que como "secretario xeral de todos os socialistas" será "respectuoso" con "todos os procesos cando se abran".

VISITA DE CRISTINA NARBONA

Por outra banda, na rolda de prensa celebrada este xoves, Gonzalo Caballero avanzou que o vindeiro xoves visitará Galicia a presidenta dos socialistas Cristina Narbona. Ambos participarán, xunto ao secretario provincial do PSOE ourensán, Rafael Rodríguez Villarino, nun acto aberto á cidadanía en Ourense.

Ademais, o venres, Cristina Narbona estará en Santiago de Compostela, onde o Partido Socialista organiza un encontro no que participarán os presidentes das distintas federacións autonómicas do PSOE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta