Coruña convoca a comisión de Rexeneración Urbana pola compra de pisos sociais

O BNG pide á Marea Atlántica que asuma responsabilidades de acordo "coa ética e racionalidade democrática que tanto propugnou".

Por E.P. | A CORUÑA | 13/09/2018 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

O goberno local da Coruña convocou para este venres a comisión de Rexeneración Urbana, na que están presentes todos os grupos da oposición, despois dos ditames do Consello Consultivo que consideran nulos a compra de dous pisos adquiridos para aluguer social. Mentres, nun comunicado, o grupo municipal do BNG cualificou de "inxusto" que "unicamente dimita" unha funcionaria --a responsable do Servizo de Vivenda e Rehabilitación-- e estende as responsabilidades aos concelleiros de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, e o edil responsable de Contratación, Alberto Lema.

Xulio Ferreiro
Xulio Ferreiro

"Quen asina a resolución do concurso é o señor Varela e quen aproba a adquisición e autoriza os actos de compravenda, que o Consultivo declara nulo é o señor Lema", sostén. Por iso, reclama á Marea Atlántica que se faga cargo de "a asunción de responsabilidades" de acordo coa "ética e racionalidade democrática que tanto propugnou".

REUNIÓN DA COMISIÓN

Pola súa banda, o goberno local informa que na reunión da comisión de Rexeneración Urbana deste venres darase traslado dos dictamenes do Consello Consultivo de Galicia en relación ao concurso de adquisición de vivenda. Tamén se explicarán os acordos que se adoptarán na Xunta de Goberno Local. Nun comunicado, o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, incide en que se dotará de "máxima transparencia" todas as accións que levarán a cabo, á vez que ratifica que a información sobre os ditames do Consultivo pode consultarse na páxina web municipal.

A comisión terá lugar antes da Xunta de Goberno local que, entre outros asuntos, dará luz verde "a distintas medidas derivadas da doutrina dos ditames do Consultivo, encamiñadas a depurar calquera tipo de erro técnico producido durante o desenvolvemento do concurso", sostén despois de que o edil vinculase con "erros humanos" as causas que levaron á anulación. En concreto, declarará a nulidade da adquisición do piso da rúa Joaquín Martín Martínez, mentres que proporá a anulación da adquisición doutro inmoble na rúa Santander. Así mesmo, dará luz verde aos trámites para a revisión de oficio doutro tres máis, do total de seis adquiridos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta