O Concello de Teo recibe a solicitude de Toysal sobre o plano de restauración da canteira de Casalonga

A empresa de tratamento de residuos promove unha recuperación dos terreos que inclúe tecnosolos e unha planta de reciclaxe.

Por Galicia Confidencial | Teo | 14/09/2018 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

O Concello de Teo recibiu este venres 14 de setembro unha Solicitude de informe sobre o plan de restauración para a concesión da explotación "Casalonga" número 6996. O documento afecta ás antigas instalacións dunha canteira agora pechada. Este proxecto para Casalonga está “promovido pola empresa Toysal, propietaria das parcelas e da cuadrícula mineira que da dereito á explotación da mina”. Pódese consultar o plan de restauración presentado pola empresa premendo aquí

Parte da canteira de Casalonga
Parte da canteira de Casalonga | Fonte: teo.gal

O Concello de Teo dispón de 10 días hábiles para "a emisión do correspondente informe sobre materias da súa competencia". Neste caso a única competencia sería urbanística. Segundo informa o concello, os servizos técnicos xa están revisando o Plan de restauración e nos próximos días haberá máis datos sobre o sentido do informe municipal. Dende o departamento de Urbanismo xa se ten solicitado dende hai días unha entrevista co Director Xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, na que se pedía precisamente información sobre o plan de restauración.

A empresa Toysal recolle no documento presentado na Xunta o listado de materiais cos que pretende encher o oco da canteria xa explotada. Concretamente son inertes obtidos dos seguintes procesos: residuos de prospección, extracción de minas e tratamentos físicos e de minerais; residuos de procesos térmicos; da construcción e demolición e residuos municipais. Segundo o mesmo documento, que podes consultar premendo aquí,  o volume total de inertes que queren empregar na restauración será de 9.186.694,4 metros cúbicos.

O plan recolle que "segundo se vaia rematando a fase de remodelación do terreo, é dicir, o recheo do oco de explotación, progresivamente se procederá ó estendido da capa de material coas características necesarias para que se produza unha correcta revexetación”. Esta última capa podería ser a propia terra vexetal, retirada e acopiada previamente á explotación do recurso, ou un substituto da mesma como poden ser como poden ser os tecnosolos. Esta mesma mañá dende Urbanismo  xa se falou cos representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos para informar desta nova solicitude da Xunta de Galicia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta