Deteñen un home en Lugo por supostas ameazas á súa parella e agresión ao fillo menor desta

A Policía Autonómica da Xefatura de Lugo acudiu ao lugar dos feitos tras un aviso ao 112 por unha "forte" discusión.

Por E.P. | LUGO | 14/09/2018 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica da Xefatura de Lugo detiveron, o pasado día 9, a un home como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Supostamente, o apresado ameazou e insultou á súa parella e agrediu ao fillo menor desta. Segundo informou a Xunta a través dun comunicado, os axentes actuaron por mor dun aviso ao 112 sobre unha "forte" discusión que se estaba producindo nun edificio da cidade.

Teléfono 016 contra a violencia de xénero
Teléfono 016 contra a violencia de xénero

No lugar dos feitos, a brigada falou cunha muller que relatou que nese día acudira á casa da súa parella, quen, ao parecer, estaba en estado de embriaguez e comezou a insultar e ameazar á suposta vítima. A muller tentou abandonar o domicilio pero, de acordo coa súa versión, el impediuno. No forcexo, o presunto agresor colleu ao fillo menor desta e lanzouno contra a parede.

As dilixencias tramítanse na Comisaría da Policía Nacional de Lugo. Tal e como lembrou a Xunta, a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 242 vítimas de violencia de xénero en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta